Reparto e Concurso de Mecos 2026

Dende a asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda colocaranse como veñen facendo os anos anteriores os nosos “Mecos” nas portas dos negocios.

Repartiran tamén “esqueletos” tanto na vila como nos pobos, os veciños que os soliciten  para animar a xente a que participe a disfrazalos, e así  decorar  rúas e prazas.

Así, o sábado 24 de febreiro de 2026 ás 20h., conxuntamente co “Barullón de Carguizoi” teremos “a solta do burro” e a procesión dos mecos onde acabaremos colgando un deles  na praza do pobo.

Animamos a todo o mundo a que nos acompañe con un meco nesta procesión e que veñan a divertirse con todos nos.