“Os nosos Entroidos” exposición en Ourense

Desde o día 17 de marzo de 2021  baixo o nome de “Os Nosos Entroidos” ten lugar no “Centro Cultural José Ángel Valente” unha exposición dos traxes tradicionais mais emblemáticos dos Entroidos.

Organizado polo Concello de Ourense e contando con máis de cincuenta personaxes do Entroido ourensán ven a cubrir a cancelación de todas estas grandes celebracións no ciclo festivo de maior relevancia na provincia.

Están presentes 44 localidades dun total de 34 concellos grazas a contribución de asociacións culturais e de particulares poderemos admirar figuras emblemáticas como “O Felo”, ” A Marela”, “Pantalla”, “Peliqueiro”, “Cigarrón”, “Boteiro”, “Morena de Laza”, etc… pero tamén contará con traxes recuperados despois de anos de estudo e de investigación antropolóxica ao longo da provincia menos coñecidos.

Xunto cos personaxes e os seus elementos, tamén se poderá coñecer grazas a esta exposición o traballo de recuperación de tradicións esquecidas na cidade de Ourense: é o caso dos domingos de cacharelas -o equivalente na cidade do domingo oleiro- ou as tradicionais líricas, pezas satíricas propias do Entroido ourensán semellantes ás que coñecemos doutras latitudes, coma as chirigotas gaditanas.

O Centro Cultural Ángel Valente está situado na rúa do Paseo, nº 4 de Ourense e estará aberto en horario de 11 da maña a 2 da tarde e de 5 a 9 da noite de martes a domingo. Entrada gratuíta.