“Entroido en Galicia 2021”

O entroido en Galicia periodico O Sil
O entroido en Galicia periodico O Sil

Xa está en quioscos e librarías a edición do 2021 do monográfico “Entroido en Galicia. Sen festas nas rúas”, que edita o Periódico O Sil. Trátase dunha revista a todo cor de case 150 páxinas para achegarse, neste Entroido interrompido polo Covid-19, ás principais referencias desta tradición na provincia de Ourense, tanto no ámbito rural como no urbano, así como a algunhas das manifestacións carnavalescas máis senlleiras do resto de Galicia e doutras zonas próximas como Castela e León e o nordeste de Portugal.

Entre os seus diversos contidos inclúe estampas, amplas reportaxes, información do Entroido nos diferentes concellos, entrevistas a expertos e aos artífices da festa, artigos de opinión… O 2021 será un ano para ser responsables e vivir a festa dende as casas, para reflexionar e darnos máis conta do gran valor que temos nas nosas aldeas e vilas e, polo tanto, poder desfrutalo mellor e con máis coñecemento cando se poida celebrar, esperando que sexa o antes posible.

Este ano a portada esta adicada O Felo de Maceda

De venta en Libreria Alicia – Maceda

Mais información