Entroido 2021

Este ano non hai entroido por mor da pandemia de Covid 19 que se desatou o ano pasado o pouco de rematar o entroido. Un ano atrás  dicen nos  que este ano non se ía poder sair as ruas houberamos pensado que tolearan. E aquí me tendes tecleando. O entroido levase dentro e se este ano non se pode celebrar na rua pois faremolo nas casas, nos pobos,  gardando as distancias e dende lonxe.

Pero o entroido non morreu, só  se vive doutro xeito.  

Os felos visitaron a Roberto Vidal no programa da tarde ¿Quen anda aí? o 9 de febreiro. 

Visitaron o 14 de febreiro o programa “Que nos pille rebolando!” da Tvg :  ver programa

Tamen soubemos que os farrumecos andiveron dando unha voltiña pola parroquia de Tioira o martes 9 de febreiro a tardiña, eso si con moito sentidiño só saudaron dende a rua!!!

Pero tamen atopamos o entroido online:

A sociedades Antropolóxica galega este ano 2021 celebrará a suas xornadas online do 12 o 24 de febreiro

“IX Xornadas sobre o Entroido de Galiza”. Edición on-line

O Museo do Pobo Galego  van celebrar unha nova edición de Máscaras Tradicionais de Entroido.
Este ano entroidaran en dixital nun percorrido que irá de Podence (Trás-Os-Montes, Portugal) a Toén (Ourense) pasando por Riofrío de Aliste (Zamora), compartindo o espírito resistente e creativo de Caretos, Labardeiros e Carochos.
Será os días 11, 12 e 16 de febreiro ás 19h00 na nosa canle: