Os felos non só andiveron pola Serra visitando os pobos . Soupemos que trouleraon con moitas ganas.
Visitas escolares:
Jesús da parroquia de Tioira explicoulles os alumnos do colexio CEIP de Seixalbo como é un felo , o comportamento, como se veste e que representa. Esta visto que o noso legado vai perdurar mentras teñamos mociños que se preocupan de explicar na suas aulas as raices que os conectan co pasado, presente e futuro da sua comunidade.



Parque de Bombeiros
Parece ser que tamén tiveron tempo estes nosos feliños de ir visitar e alegrar a tarde os bombeiros de Maceda, que este ano estamos de noraboa xa que por fin temos unha dotacion no pobo.
Este ano non poideron visitar a Residencia das Neves de Maceda, por culpa de este virus e apesar de xa estar todos coa terceira dosis, houbo un pequeno brote e o acceso estivo controlado dende aquí o noso cariño e prometemos voltar o próximo ano.
Volta Ciclista
O sábado de Entroido, 26 de febreiro, os Felos estiveron presentes na saída da volta ciclista “O Gran Camiño“ que durante catro días percorreu Galicia, e na terceira etapa e 146 km, Camiño de Ourense: Ribeira Sacra, partia de Maceda.
Ourense Club Deportivo
Para rematar o entroido o martes dia 1 de marzo as 20.00 da tarde presentaronse a recoller unha camiseta no partido do Ourense Club Deportivo.