All posts by Felos de Maceda

Magosto en Ermua

A cidade de Ermua que conta con gran parte de persoas galegas procedentes da emigración de Galicia o país Vasco organiza un magosto no ano 1998 e invita a Maceda e aos seus Felos para participar nesta festa así como para promocionar produtos da zona.

Viaxe a Ermua

A cidade de Ermua que conta con gran parte de persoas galegas procedentes da emigración de Galicia o país Vasco, fai a invitación a Maceda e aos seus Felos para realizar a promoción dos produtos da nosa zona.

De este xeito, na primavera do ano 1998, 60 veciños encabezados polo alcalde e o tenente alcalde de Maceda viaxaron a Ermua con este fin.

Anuario Prensa 1997

Recopilación da repercusión en prensa, tanto en medios convencionais como dixitais dos Felos. Webs de información, periódicos como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Región, El Sil, Revista Ribeira Sacra, El Faro de Vigo, la revista Auria, Los Barrios, etc.

Descarga en formato PDF o dossier de información.

Si tes algún artigo que queiras compartir ponte en contacto con nos.

Anuario Prensa 1996

Recopilación da repercusión en prensa, tanto en medios convencionais como dixitais dos Felos. Webs de información, periódicos como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Región, El Sil, Revista Ribeira Sacra, El Faro de Vigo, la revista Auria, Los Barrios, etc.

 

Descarga en formato PDF o dossier de información.

Si tes algún artigo que queiras compartir ponte en contacto con nos.

“Tempos Serodios”

Tempos Serodios Emilio Arauxo
Tempos Serodios Emilio Arauxo

Baixo o título “Tempos Serodios” publicase no ano 1996 pola editorial “Edicións do Cumio” un libro de 200 paxinas en galego de Emilio Arauxo con ISBN 9788482890180.
Destaca entre todos os relatos de Emilio Arauxo a historia dun Felo que nas súas andainas chega o pobo de Arnuide, e o acercarse co son das chocas fai tolear a unha vaca, e o episodio divertido que alí acontece.

O semanal, TVG

A primeira constancia da presenza do Felo na Radio Televisión Galega, en Santiago de Compostela, programa emitido pola Televisión de Galicia o día 25 de febreiro de 1995 no que faise unha reportaxe tanto da figura do Felo en sí como da elaboración do traxe e a carauta, emitíndose entrevistas cos participes da festa tanto directamente como poden ser os Felos, como os artesáns que fan posible isto como tamén os participes da festa dende o punto de vista de meros espectadores.

A partir de este momento a figura do Felo comezou a facerse presente non só nos informativos durante as datas de Entroido, senón nos programas nos que tivese que estar presente as figuras representativas de estas festas, así por exemplo era constante a presenza do Felo nas semanas anteriores o Entroido en programas de entretemento como “Luar”.

“O Carnaval en Galicia”

O carnaval en Galicia de Federico Cocho

O carnaval en Galicia é unha rigorosa e amena monografía de Federico Cocho, con fotografías de Manuel G. Vicente, sobre o entroido. O carnaval, tempo que precede á Coresma no calendario tradicional, é a festa da transgresión e da burla, que é tamén purificación, parodia, rexoube na representación do mundo. As súas raíces afondan na memoria máis antiga da nosa cultura e, a pesar das prohibicións cíclicas ao longo da historia, rexorde cun pulo sorprendente. Este rigoroso traballo de campo leva ao lector a través das máis diversas e carnavalescas paisaxes da nosa xeografía: as máscaras da cultura rural, os Momos e Mecos, Os Felos de Maceda, os míticos Cigarróns, os Troiteiros de Bande, os rechamantes Xenerais do Ulla, os Merdeiros de Vigo, Peliqueiros, Pantallas, Tamborradas de Viana do Bolo, Foleiros de Sande, Marfois, Choqueiros, Zarrampallos, Madamas e Galáns de Cobres… E tamén a rica tradición do carnaval nas vilas e cidades: o Urco e o Ravachol de Pontevedra, os apropósitos coruñeses… Un libro que afonda na profunda significación da festa.

O carnaval en Galicia publicado por Edicións Xerais e do autor Federico Cocho é unha publicación importante e un referente para o estudio da festa do Entroido en Galicia, e por suposto falando dos distintos Entroidos dedica unha parte a falar das peculiaridades do Entroido de Maceda e a súa figura principal: “O Felo”.

Libro editado en febreiro de 1992 por Edicións Xerais dentro da colección Universitaria, de tapa branda é 360 páxinas, 21×13 cm ISBN: 9788475074399