“Os nosos Entroidos” exposición en Ourense

Desde o día 17 de marzo de 2021  baixo o nome de “Os Nosos Entroidos” ten lugar no “Centro Cultural José Ángel Valente” unha exposición dos traxes tradicionais mais emblemáticos dos Entroidos.

Organizado polo Concello de Ourense e contando con máis de cincuenta personaxes do Entroido ourensán ven a cubrir a cancelación de todas estas grandes celebracións no ciclo festivo de maior relevancia na provincia.

Están presentes 44 localidades dun total de 34 concellos grazas a contribución de asociacións culturais e de particulares poderemos admirar figuras emblemáticas como “O Felo”, ” A Marela”, “Pantalla”, “Peliqueiro”, “Cigarrón”, “Boteiro”, “Morena de Laza”, etc… pero tamén contará con traxes recuperados despois de anos de estudo e de investigación antropolóxica ao longo da provincia menos coñecidos.

Xunto cos personaxes e os seus elementos, tamén se poderá coñecer grazas a esta exposición o traballo de recuperación de tradicións esquecidas na cidade de Ourense: é o caso dos domingos de cacharelas -o equivalente na cidade do domingo oleiro- ou as tradicionais líricas, pezas satíricas propias do Entroido ourensán semellantes ás que coñecemos doutras latitudes, coma as chirigotas gaditanas.

O Centro Cultural Ángel Valente está situado na rúa do Paseo, nº 4 de Ourense e estará aberto en horario de 11 da maña a 2 da tarde e de 5 a 9 da noite de martes a domingo. Entrada gratuíta.

Homenaxe de Helena Eriksson os Felos

Un ano, mais dende que que alo polo ano 2010 Helena atopouse co entroido ourensá e cos Felos en particular dan man do fotógrafo e etnógrafo Emilio Arauxo. Como cada sábado de entroido,  cando non pode troulear na serra de San Mamede ela véstese de Felo soa ou acompañada .

Este ano foi mais sentida si cabe, xa que por mor das restriccións do covid 19 os Felos non poideron sair.

Así que un ano mais   fixo o seu particualr homenaxe a nosa figura do  entroido dende  Vättlefjäll.

Entroido 2021

Este ano non hai entroido por mor da pandemia de Covid 19 que se desatou o ano pasado o pouco de rematar o entroido. Un ano atrás  dicen nos  que este ano non se ía poder sair as ruas houberamos pensado que tolearan. E aquí me tendes tecleando. O entroido levase dentro e se este ano non se pode celebrar na rua pois faremolo nas casas, nos pobos,  gardando as distancias e dende lonxe.

Pero o entroido non morreu, só  se vive doutro xeito.  

Os felos visitaron a Roberto Vidal no programa da tarde ¿Quen anda aí? o 9 de febreiro. 

Visitaron o 14 de febreiro o programa “Que nos pille rebolando!” da Tvg :  ver programa

Tamen soubemos que os farrumecos andiveron dando unha voltiña pola parroquia de Tioira o martes 9 de febreiro a tardiña, eso si con moito sentidiño só saudaron dende a rua!!!

Pero tamen atopamos o entroido online:

A sociedades Antropolóxica galega este ano 2021 celebrará a suas xornadas online do 12 o 24 de febreiro

“IX Xornadas sobre o Entroido de Galiza”. Edición on-line

O Museo do Pobo Galego  van celebrar unha nova edición de Máscaras Tradicionais de Entroido.
Este ano entroidaran en dixital nun percorrido que irá de Podence (Trás-Os-Montes, Portugal) a Toén (Ourense) pasando por Riofrío de Aliste (Zamora), compartindo o espírito resistente e creativo de Caretos, Labardeiros e Carochos.
Será os días 11, 12 e 16 de febreiro ás 19h00 na nosa canle:

 

Felos en “Que nos pille rebolando!” da TVG

No programa para a tarde dos sábados que presentan Lucía Rodríguez e Adrián Díaz baixo o titulo “Que nos pille reboleando” da Televisión de Galicia contarón no programa número 37 ca presenza dos Felos de Maceda.

Felos en Que nos pille reboleando
Felos en Que nos pille reboleando

Con Fran Gonzalez e con Yonhy Lameiras, o presentador Adrián Díaz viaxou ata terras macedáns para visitar Castro e alí luciu o traxe de Felo

Este novo magazine esta en directo, durante dúas horas e media, na tarde dos sábados, para compartir ao vivo unha das grandes celebracións do noso país, gozar coa música e coa gastronomía galega e agasallar os espectadores con concursos, entre outros contidos. 

Resumen da presenza do Felo no programa:

 

Programa 37: En Ourense e Ribadavia

 

“Entroido en Galicia 2021”

O entroido en Galicia periodico O Sil
O entroido en Galicia periodico O Sil

Xa está en quioscos e librarías a edición do 2021 do monográfico “Entroido en Galicia. Sen festas nas rúas”, que edita o Periódico O Sil. Trátase dunha revista a todo cor de case 150 páxinas para achegarse, neste Entroido interrompido polo Covid-19, ás principais referencias desta tradición na provincia de Ourense, tanto no ámbito rural como no urbano, así como a algunhas das manifestacións carnavalescas máis senlleiras do resto de Galicia e doutras zonas próximas como Castela e León e o nordeste de Portugal.

Entre os seus diversos contidos inclúe estampas, amplas reportaxes, información do Entroido nos diferentes concellos, entrevistas a expertos e aos artífices da festa, artigos de opinión… O 2021 será un ano para ser responsables e vivir a festa dende as casas, para reflexionar e darnos máis conta do gran valor que temos nas nosas aldeas e vilas e, polo tanto, poder desfrutalo mellor e con máis coñecemento cando se poida celebrar, esperando que sexa o antes posible.

Este ano a portada esta adicada O Felo de Maceda

De venta en Libreria Alicia – Maceda

Mais información

Quen anda aí? Felos de Maceda

Presenza dos Felos de Maceda no programa magazine da Televisión de Galicia Quen anda aí?

Roberto Vidal Felo
Roberto Vidal Felo

Programa 223- Emitido na tarde do día 8 de febreiro de 2021

Magazine de 3 horas presentado por Roberto Vidal e Rodrigo Vazquez. Neste programa, contaron ca presenza do Yonhy Lameiras e Fran Gonzalez quenes ademais de presentar a figura do Felo axudaron a Roberto Vidal, presentador, vistiuse de Felo.

Video Resumen da presenza do Felo no programa:

Programa completo na web da Televisión de Galicia

Non pare a festa: É tempo de entroido 2

“Non pare a festa, É Tempo de Entroido” e un libro ilustrado infantil de Ramón D. Veiga e David Sierra publicado no ano 2021 pola editorial “Xerais” en lingua Galega.

O libro e de ilustracións e tapa dura, ten un total de 40 páxinas, unha de elas dedicada a figura “Da Marela, de Maceda”.

“E a Marela que che é moi fina lanza confeti e serpentinas.”

Un grupo de personaxes do Entroido galego, armados de instrumentos musicais e outros útiles para montar estrondo, xúntanse co propósito de organizar unha boa festa. Porque o Entroido é para enchedoiros, mais tamén para trouleiros e folieiras.

ISBN: 9788491214069