Xuntanza en Campobecerros 2018

O sábado día 20 de febreiro de 2018 celebrouse unha xuntanza na aldea de Campobecerros no concello de Castrelo do Val en Ourense, na que estiveron presentes os Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros, os Boteiros de Viana do Bolo e os Felos de Maceda.

A xuntanza tivo lugar a noitiña e ali puderonse ver escenas ben curiosas peliqueiros e felos xuntos percorando as ruas do pobo acompañados do soar das chocas dos Felos e das Tamborradas de Viana. Aquí queda recollido os permisos que pediron para entrar o pobo:

O Boteiro: 

Ola boas tardes alcalde de Campobecerros hoxe viñemos a tocar sempre e cando non nos boten a berros. Viñemos a donde vostede solo para pedirlle permiso para que nos deixe tocar o fulion porque temos un compromiso, vos viñestes a nosa aldea a tocar e nos ahora vimos a vosa con previo aviso.
Ola boas tardes alcalde, eu son o chamado boteiro viñen hoxe ao seu pueblo gratis porque non tiña diñeiro. Hoxe prometovos unha cousa, non vou a parar de bailar co meu traxe colorido eivos  asombrar. Mentras os demais membros están a todo tocar eu aparto a xente e non paro de saltar, pero coidado, non vos vaiades a asustar eu xa sei que son moi bruto pero con vos ben me vou a comportar. Tamen me chaman home de esquilas un nome moi estiloso definenme de moitas maneiras menos por ser penoso, a palabra que máis me identifica é ser asombroso.

Viana, o folion:

Boas tardes veciñas e veciños do lugar, Campobecerros nesta tarde de xaneiro esta listo este boteiro acompañado do fulión Que veñen tocar con ilusión,  o tambor “O Luisisin”  de director “O Chatin”

Que soe o folión na plaza e que se sinta ata en Laza Boteiros,Felos e Peliqueiros Primos irmans e compañeiros. Vamos beber da mesma taza sen convidar os de laza. Sen mais que contar vamos tocar e brincar ata o fondo do lugar. E xa pa rematar GRAZAS por nos convidar A tan fermoso lugar. Co permiso do que manda a ronda vamos comenzar. ¡Viva o Entrudio¡Viva

O pobo de Campobecerros agradece esta visita
E esperamos que noutra ocasion se repita

Os felos son de Maceda, de Verin os cigarróns, de Viana estes boteiros e o entruido de campos facémolo todos nós!

Sen axuda do concello, nin da administración, que  se outros teñen cartos, non teñen a nosa ilusión//!

Do fulión queremos disfrutar
Non vos fagades tanto de rogar
Podedes empezar a tocar
Que tedes permiso para pasar

Vivan os boteiros, viva o parranfón, vivan os felos