Tag Archives: felos 2016

Percorrido dos Felos pola Serra

Sábado pola mañá recorrerán Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, Tioira e regreso a Maceda. 20:30 h recibimento dos felos, desfile por Maceda e animación musical na Praza das Toldas dende as 20.30 h.

Domingo visitarán Castro de Escuadro, Pías, Santirso, Xinzo da Costa, Barxela, Vilardecas, Carguizoy, Tioira e Maceda.

O sábado comida en Celeiron e o domingo no restaurante a Dilixencia. Anótate no Concello ou no Lar dos Felos, antes do xoves 4 de febreiro. Prezo 5 euros os acompañantes dos Felos. Os Felos non pagarán pero deberán retirar previamente os tickets para a comida.

Organiza Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.

Un Felo en Arteixo

O pasado xoves, 4 de febreiro, visitounos no colexio CEIP Galán de Arteixo un felo de Maceda. O protagonista desta visita era Jorge Fernández Carballo, membro da Asociación Felos da Corga da Serra e antigo alumno de Galán, que viña co traxe de felo da súa terra natal.

Jorge explicoulle ao alumnado de infantil, primeiro e segundo as características da súa indumentaria e das costumes e tradicións que arredor desta figura se manteñen vivas polas terras de Maceda.

Someteuse ás preguntas do alumnado e deulles un recital de chocas. Unha auténtica marabilla!

fotos cedidas polo colexio CEIP Galán de Arteixo