Tag Archives: Entroido

Xuntanza en Campobecerros 2019

O sábado día 2 de febreiro de 2019 celebrouse unha xuntanza na aldea de Campobecerros no concello de Castrelo do Val en Ourense. Por segundo ano consecutivo estiveron presentes os Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros, os Boteiros de Viana do Bolo, os Felos de Maceda e coma novidade estivo o Entroido Ribeirao de Lugo.

Apesar de xuntarse antes do entroido, que comenzou o 10 de febreiro, e apesar da neve a xuntanza tivo lugar a noitiña e ali puderonse ver escenas ben curiosas: Peliqueiros e Felos xuntos percorando as ruas do pobo acompañado do Fulión de Viana. O Volante, Peliqueiros, Mecos, Maragatos e Pucho andiveron tamén no fulión. Aquí queda recollido os permisos que pediron para entrar o pobo:

Boas tardes Campobecerros
Aquí volvemos estar
non viñen só a recitar
sinon que co voso permiso
tamén queremos tocar.

Soan as miñas esquilas
como boteiro que son
e ao meu ritmo
acompáñame o fulión.

Non só nos vistimos nós,
tamen están os felos de Maceda
disfrutando destas festas
que son o único que nos queda.

Tamen veñen a vernos
os nosos amigos de Chantada
que en Viana tamén estuveron
na quinta Mascarada

Veñen cos seus volantes
que son moi elegantes
tamen cos maragatos que nos van facer
pasar uns bos ratos

Xente de Campobecerros
pidovós este permiso
para deixarnos tocar
e a todos sacarvós un sorriso.

Eu como boteiro
faime moita ilusion
bailar con vos peliqueiros
mentras tocan o fulion

Tamen me gusta moito
ver eses parrafons
que acompañados da vaca
siguen as tradicións.

As distancias separanos,
o entroido únenos,
xuntos a loitar
polo que tanto nos fai disfrutar.

Sin mais que decir
deixovós pasar
se o voso permiso
nos vades a dar.

Grazas de corazón
se hoxe nos acolledes
porque non sei si voltaremos
coas montañas cheas de neve.

Os veciños que eiqui estamos
un ano fai que levamos
agardando o fulión
mos retumbe no corazon

Que o seu ritmo nos invada
sen medo a neve ou xeada
que moito salte o Boteiro
e tamén o Peliqueiro

O parrafón luze arrogante
que vai diante do volante
que o pucho as hortas fertilice
(E os felos….ós felos non hai quen os organice)

Benvido sodes de novo
de parte de todo este pobo
que empece xa o fulión
Viva o entroido e viva todos nós

Agradecemos as fotos a Mercedes L. Rubin  e a Amanda Gonzalez Blanco

Os Felos nas VI Xornadas sobre o Entroido en Galiza

20180224 Xornadas Entroido Pontevedra
VI Xornadas Entroido Pontevedra

Os días 23 y 24 de febreiro tiveron lugar  as VI Xornadas sobre o entroido de Galicia, foron  na Casa da Luz de Pontevedra. Estas xornadas supoñen una iniciativa de divulgación e revalorización da nosa cultura e a sua fiesta máis importante, o entroido.

A Sociedad Antropológica Gallega presentou unha axenda dividida en duas xornadas. A primeira centrouse nos  investigadorese,  a segunda, da voz a as persoas que manteñen vivas as tradicions.

20180224 Xornadas Entroido Pontevedra
VI Xornadas Entroido Pontevedra

O 23, a las 18:30 horas houbo unhauna conferencia de Daniel González sobre o entroido  de Bandariz, presentando un audiovisual dos anos 70. Portugal estivo representado por José Carlos Pires, mostrando o entroido da Serra d’Arga. As 20:15 horas, Roberto de la Torre puxo fin o primer día con unha exposición fotográfica, “Mascaradas da invernía na Península Ibérica”.

O sábado 24 a las 18:30 horas, Juan Carlos González e Iván González falaron do entroido  en Santiago de Arriba (Chantada), Rita Blanco e  Maite Gonzalez  sobre os  Felos de Maceda as 19:15 horas. E a continuación, Maika Rodríguez Domínguez da figura do Toteiro e doutras figuras recuperadas.

Rafael Quintía  presidente da Sociedade Antropolóxica Galega e  Anxo Rosales foron os coordinadores destas xornadas.

Desfile Urbano 2018

O 13 de febreiro, martes debido as inclemencias do tempo quedou aplazado o desfile de entroido para o próximo domingo día 18.

O desfile de Entroido: Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 17:30 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras.

Ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €). 

Baixada da Marela 2018

O pasado sábado, 10 de febreiro, tivo lugar a quinta edición da Solta da Marela. A actividade correu a cargo da Asociación O Cruceiro de Maceda, que comezou no Bar Indio ás 20.15.

A xente da asociación encargouse de falar cos participantes da actividade para lembrar que a fariña non podía tirarse aos felos e que así reinase un ambiente distendido e de respeto.

Houbo unha boa afluencia de xente e consolida a Solta da Marela no entroido de Maceda.