Magosto Madrid

No ano 1999 a Asociación de Empresarios Galegos En Madrid (Aegama) convida o concello de Maceda para que colabore e organice a “Noite de Galicia en Madrid” no restaurante O Torreón da capital e participando activamente os Felos nesta animación e organización.

Na súa cuarta edición máis de 500 persoas participaron no tradicional encontro ‘A noite de Galicia en Madrid’, unha iniciativa impulsada polo empresario ourensano Melquíades Álvarez que ten como obxectivo reunir á colonia galega que reside en Madrid en torno á festividade de San Martiño, unha festa moitísimo arraigo en Ourense. Ademais, neste acto procedeuse á entrega do galardón ‘A Castaña de Ouro’ premio co que se pretende recoñecer o traballo desenvolvido por distintas personalidades en todos os ámbitos sociais e culturais en favor de Galicia.

A festa comezou ás oito da tarde cun popular magosto na explanada de acceso ao restaurante no que ademais de castañas e viño da Ribeira Sacra tamén se puideron degustar empanadas de berberechos e xamón da Cañiza. A cea foi a base de produtos exclusivamente galegos, como marisco de Ríalas, lacóns de Lugo, cachuchas e chourizos de Allariz, patacas e grelos procedentes de Xinzo, e unha sobremesa a base de bica de Castro Caldeas. A comida estivo acompañada por tintos e brancos galegos, e unha espectacular queimada puxo fin á celebración.