Exposición en Ferrol dentro do Outono Fotográfico 2014

“Xungir non é esmorecer, senón medrar”

Baixo este título, e dentro do certame de fotografía “Outono Fotográfico 2014” poderemos ver unha colección de máis de trinta imaxes da fotógrafa Rita Blanco Fernández no Centro Cultural Carvalho Calero no Ferrol, situado na praza do inferniño s/n, dende o día 19 de novembro ata o 18 de decembro do 2014, de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 h.

O certame “Outono Fotográfico 2014” patrocinado polas Concellerías de Xuventude e de Cultura do Concello de Ourense; Xunta de Galicia; Cultura e Turismo, Deputación de Lugo; Vicerreitoría do Campus de Ourense, Universidade de Vigo; Área de Cultura do Concello da Coruña; Centros Socioculturais do Concello de Santiago, baixo a organización e a produción de Difusora de Letras, Artes e Ideas; Disigna Edenia; Emociois, recolle multitude de espazos expositivos expandíndose por todo Galicia entorno o mundo da imaxe, tanto en exposicións individuais como é este o caso, exposicións de colectivos de fotógrafos e actividades relacionadas co tema como talleres e cursos entorno a este mundo.

Rita Blanco combina nesta recompilación dúas das súas paixóns por un lado a fotografía como reportaxe a fin de captar escenas non estáticas, buscando a descrición do movemento como sinatura característica e os entroidos destacando o colorismo e a beleza de formas tanto nas máscaras como nos traxes de estas figuras do Entroido.

Así “Xungir non é esmorecer, senón medrar”, xurde a raíz dun encontro en Murcia con motivo da Festa de Primavera entre “Felos” e “Pantallas”, figuras claves do Entroido Ourensán, representativas de Maceda e Xinzo de Limia. Os galegos o estar fora sempre temos morriña e as relacións fanse mais intensas co cal xurdiu un gran entendemento entre ámbalas dúas. Ourense e unha das provincias españolas con mas aceptación da festa do Entroido pero tamén con moitas rivalidades. Esta xuntanza serviu para darnos conta de que cada Entroido ten a súa simboloxía pero ningún mais que outro, por iso xungir estas dúas figuras non é esmorecer senón medrar e enriquecerse mutuamente.

As instantáneas foron tomadas en Murcia e noutra xuntanza entre Felos, Vergalleiros (Sarreaus da Limia) e Pantallas onde se pode apreciar a beleza e a singularidade de cada figura así como os seus distintos dinamismos e rituais propios de cada unha.