Entroido Maceda 2018

Entroido Maceda 2018 Felos
Entroido Maceda 2018 Felos

O Entroido xa está entre nós, e en Maceda presumimos de elo. Festa Declarada de Interese Turístico de Galicia contamos co seguinte programa e información das diversas actividades:

Sábado 6 de xaneiro, festa de inicio do Entroido. +información

Domingo 28 de xaneiro a partires das 18h. no “Café Teatro Umpalumpa” de Maceda elaboración de “Bolouros” entre grandes e nenos.

Venres 2 de febreiro, Festa dos Compadres, ás 20h. daremos o comezo na Praza das Toldas. +información

Sábado 3 de febreiro,  festa de “Bolouros” en Tioira na Aira dos Patos a partir das 17:30 h., festa amenizada pola Charanga “A Felga”+información

9 de febreiro, venres ás 20h. na Praza das Toldas Festa de Comadres. +información

10 e 11 de febreiro, sábado e domingo de Entroido saíndo ás 9:30 h. Antigo Matadoiro e percorrendo os Felos os pobos da Serra. +información

10 de febreiro, sábado, ás 20h. a baixada da Marela dende o Toural polas rúas da vila +información

12 de febreiro, luns de Entroido teremos festa infantil a partires das 17 h na praza das Toldas de Maceda. E ás 19H cine infantil ca proxección da película “Tadeo Jones 2” no salón de actos do Concello +información

13 de febreiro, martes de Entroido: Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 17:30 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €). +información

14 de febreiro, mércores de cinsa e como despedida, o Enterro do Entroido ás 20 h. na praza das Toldas. +información