Comezo Entroido Maceda 2017

Cartel actividades concello de Maceda Nadal 2017
Cartel actividades concello de Maceda Nadal 2017

Tradicionalmente os Felos fanse presentes por primeira vez no ano unha vez soen as campas de Fin de Ano, soamente o son das chocas e non saen vestidos de Felo ata que comeza “o calendario de Entroido” o domingo fareleiro.

Así o sábado 7 de xaneiro de 2017 organizouse unha celebración con motivo do inicio do Entroido de Maceda e ca presenza da Figura do Felo promovida polo Concello de Maceda e a Asociación Felos da Corga da Serra. Retomando esta actividade da que celebramos nestas mesmas datas o ano 2015 con motivo do reconocemento do Entroido de Maceda e especialmente da Figura do Felo como Festa de Interese Turístico de Galicia pola Xunta de Galicia.

Saindo do Salón do Edificio Multiusos (campo da feira s/n), os Felos portando as chocas e a carauta soamente seguidos pola xente disfrazada que quixo facerse presente acompañando polas rúas de Maceda e a animación musical da charanga macedana “A Felga” para proseguir a festa ceando todos xuntos no Hotel Monumento Castelo de Maceda e celebrando ata altas horas.

Xa comezou o Entroido.