Celebración Festa Interese Turístico

Tradicionalmente os Felos fanse presentes por primeira vez no ano unha vez soen as campas de Fin de Ano, soamente o son das chocas e non saen vestidos de Felo ata que comeza “o calendario de Entroido” o domingo fareleiro.

Así o sábado 3 de xaneiro de 2015 organizouse unha celebración con motivo do recoñecemento do Entroido de Maceda e especialmente da Figura do Felo como Festa de Interese Turístico de Galicia pola Xunta de Galicia.

Máis dun centenar de persoas participaron nun singular desfile que partiu do salón multiusos do concello de Maceda, capitaneados polos Felos portando as chocas e a carauta soamente e seguidos pola xente disfrazada e a animación musical da charanga CBC percorreron as rúas de Maceda baixo a mirada estraña dos que non esperaban un desfile de Entroido en pleno Nadal.

O desfile continuo ata o Castelo de Maceda onde proseguiu a festa ceando todos xuntos e voltar o pobo para seguir a festa ata altas horas.