Category Archives: Fotos e Videos

A asociación achegase a escola

 A asociación Felos da Corga da Serra achegouse  a

C.E.I.P. Vilar de Barrio , centro de educación infantil y primaria, para darlles unha charla os cativos sobre os felos: a sua orixe, a vestimenta,  o respeto o traxe e a correcta forma de comportarse.

Os días previos estivo  a exposición de fotos “Xunguir non é esmorecer senon medrar.  Unha serie de 30 imaxes sobre os distintos entroidos da zona  como son os Felos de Maceda, Pantallas de Xinzo de Limia e Vergalleiros de Sarreaus.

 

Un Felo en Arteixo

O pasado xoves, 4 de febreiro, visitounos no colexio CEIP Galán de Arteixo un felo de Maceda. O protagonista desta visita era Jorge Fernández Carballo, membro da Asociación Felos da Corga da Serra e antigo alumno de Galán, que viña co traxe de felo da súa terra natal.

Jorge explicoulle ao alumnado de infantil, primeiro e segundo as características da súa indumentaria e das costumes e tradicións que arredor desta figura se manteñen vivas polas terras de Maceda.

Someteuse ás preguntas do alumnado e deulles un recital de chocas. Unha auténtica marabilla!

fotos cedidas polo colexio CEIP Galán de Arteixo

Volven os Bolouros

O sábado 30 de xaneiro de 2016 a asociación Felos da Corga da Serra en colaboración co concello de Maceda xuntaronse para recuperar a tradición “dos Bolouros” a partir das 19:30 h. na Aira dos Patos en Tioira.

Según o alcalde de Maceda, sobre 100 persoas correron o Entroido neste sábado corredoiro utilizando os Bolouros para tinguirse os homes as mulleres e as mulleres os homes.

Como final da festa celebrouse unha cea popular ca participación dos Taberneiros do Pobo.

Enfaixando

 

O venres 22 de xaneiro citaronse no Multicentro felos veteranos para ensinarlle os nenos como deben ir enfaixados para que as chocas non os manquen e así poder aguantar a troula todo o día.

Algunhas nais amosaronse especialmente contentas xa que o non ser unha tradición na sua casa teñen quen lles axude a enfaixar como a resolver alghunas dubidas que teñen e que así os nenos vaian aprendendo dos seus maiores

.

Os bolouros

Os bolouros é unha bola feita con un barro moi particular que está en Casares, na parroquia de Tioira (Maceda).

Usabase para botarlle na raiz os carballos para que prenderan e que así a terra gardara a humidade. Pero de ese mesmo barro fanse pequenas bolas que hai que amasar moi ben e tratar de que non leve impurezas.

Ponse a secar e logo só hai que esperar a que chegue o entroido. O sabado corredoiro metes o bolouro no peto e como esta seco non pinta pero cando te atopas con alguén que queiras correr o entroido só tes que botarlle unha chisca de auga e….pés pa que te quero…a correr!!!!

Inicio do Entroido

Tradicionalmente os Felos fanse presentes por primeira vez no ano unha vez soen as campas de Fin de Ano, soamente o son das chocas e non saen vestidos de Felo ata que comeza “o calendario de Entroido” o domingo fareleiro.

Así o sábado 2 de xaneiro de 2016 organizase unha celebración con motivo do inicio do Entroido de Maceda e ca presenza da Figura do Felo promovida polo Concello de Maceda e a Asociación Felos da Corga da Serra. Retomando esta actividade da que celebramos nestas mesmas datas o ano 2015 con motivo do reconocemento do Entroido de Maceda e especialmente da Figura do Felo como Festa de Interese Turístico de Galicia pola Xunta de Galicia.

Sairemos do Salón do Edificio Multiusos (campo da feira s/n), os Felos portando as chocas e a carauta soamente seguidos pola xente disfrazada que queira acompañarnos polas rúas de Maceda para proseguir a festa ceando todos xuntos e celebrando ata altas horas.

Inscricións para a cea no Concello ou no Lar dos Felos (Tioira) antes do mércores 30 de Decembro. Prezo: 5€ / persoa.

Vinde con nós neste inicio do Entroido.

Desfile Urbano 2015

Despois do sabado e do domingo, o desfile do martes é un día importante en Maceda.
Organizado desde As Canteiras e cruzando pola rúa principal abren o desfile os Felos e despois van participando as distintas carrozas e comparsas.

Esta é unha pequena recopilacion de fotos que esperamos vaia medrando coa participacion de todos.

Desfile Martes de Entroido por Maceda ano 2015

 

Festa infantil 2015

O día 16 de febreiro, luns de Entroido no pavillón municipal de Maceda festa infantil con xogos, actividades, e sobre todo moita diversión para os mais pequenos.

A idea inicial era facer esta actividade na praza pero por mor da climatoloxia foi desprazada o interior do pavillón onde os nenos disfrutaron a partires das 17 h.

Tamén e como novedade moi ben recibida a recuperación da tradición dos “Bolouros”.

Unha pequena mostra gráfica do que eli pasou:

Percorrido Felos de Castro 2015

Os domingos pola mañan reunense os Felos da Serra das localidades de Castro, Escuadro, Pias, Paioso, Barxela, Xinzo da Costa, etc…
Case sempre son homes . Saen do Restaurante A Dilixencia e vistense eli van percorendo a Serra de San Mamede e pasando por Castro, Pias, Escuadro, Santirso, Xinzo, Carguizoy,
Sarreaus, Maceda.

Esta é unha pequena recopilacion de fotos que esperamos vaia medrando coa participacion de todos.

Percorrido dos Felos de Castro ano 2015