Arquivo da categoría: Fotos e Videos

Martes de entroido 2017

Como todos los anos celebrouse en Maceda o desfile de entroido,  os felos encabezaron singular desfile de carrozas e comparsas que un momento de cese da choiva sairon dende a rúa das Canteiras, baixando ata a praza luciendo diante da xente que esperaba nas beirarúas o paso da comitiva.

 Animación musical e ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €). Todas as carrozas non premiadas terán un accésit de 40 €.

Fotos do desfile Martes de Entroido 2017

Domingo 26 os felos na serra

O domingo 26 de febreiro os felos  percorreron Pías, Castro,  Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, Tioira e Maceda

Agradecerlles a todos os pobos da serra que ano trás ano recibe os Felos e maila sua corte de fotógrafos e entroideiros que os acompaña.

 A comida foi na Dilixencia (Maceda), como novidade os participantes tiveron que retirar ticket tanto para comer como para subir o autobús. O custe do mesmo foron de 5€ . A Asociación pagou  o importe o seus socios.

Organizou Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da

Fotos cedidas por Anxo López

http://www.flickr.com/photos/anxolop

Baixada da Marela 2017

O sábado 25 de febreiro de 2017 tivo lugar a cuarta edición da solta da Marela, organizado pola Asociación O Cruceiro de Maceda realizaron a solta dende o Bar Indio ás 20:15 horas.

Ca animación musical a cargo da “Charanga BCB” os tradicionais acompañantes da Marela guiarona polas rúas de Maceda.

 

Sabado de entroido 2017, os Felos na serra

Sábado 25 de febreiro os felos  percorreron Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.

Este ano Helena Eriksson voltou a vestirse de felo (por terceiro ano) acompañada de Emilio Arauxo .

Agradecerlles a todos os pobos da serra que ano trás ano recibe os Felos e maila sua corte de fotógrafos e entroideiros que os acompaña.

Este ano a comida foi na Dilixencia (Maceda), como novidade os participantes tiveron que retirar ticket tanto para comer como para subir o autobús. O custe do mesmo foron de 5€ . A Asociación pagou  o importe o seus socios.

Organizou Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.

 

 

Venres de Comadres 2017

O venres 24 de Febreiro a partir das 20:00 h na Praza do Felo en Maceda xuntaronse as Mulleres da bisbarra para participar no venres de comadres.

Os grupos mais nutrido foron as diablesas e un grupo de tunas. Pero non podemos esquecernos de un grupiño de avoas que instalaron o lavadoiro na praza e ali mesmo estenderon a sua roupiña.Por alí pasaron todo tipo de persoaxes dende paiasas ata arlequins e unha variedade de fauna propia de estes tempos.

Houbo animación musical durante o percorrido. A cea no Restaurante a Dilixencia a partir das 21:30 h. Prezo: 10 € con animación musical durante a cea. 

Foliada 2017

Recuperando as xuntanzas que se facían nunhas épocas nas que as palleiras tomaban protagonismo como sitios de reunión e de festa, para disfrutar da amistad dos veciños e de todos aqueles que se queixaran sumar xurdiu un “Foliada” o sábado 18 de febreiro de 2017.

Como sería normal, convocados polo sonar das chocas dun grupo de felos sumaronse nunha palleira en Carguizoi panderetas, gaitas, pandeiros, e moita xente con ganas de foliada.

Eiqui algunhas das imáxenes testimuña do que se viviu ali:

Asociación na escola

Un ano mais a asociación achega a figura do felo os mais cativos.O día 15 de febrerio de 2017 a  asociación Felos da Corga da Serra achegouse  a Colexio Público Jose García García en Mende, Ourense para darlles unha charla os cativos sobre os felos: a sua orixe, a vestimenta,  o respeto o traxe e a correcta forma de comportarse.

Fotos cedidas polo colexio.

Cartaz do percorido dos felos polos alumnos do IES San Mamede

Un ano mais o IES SAN MAMEDE de Maceda en colaboración coa Asociación Felos da Corga da Serra e do concello de Maceda organizou un concurso de carteis sobre a figura do felo, que se empregou para facer o cartaz do percorrido dos felos pola serra,entre os alumnos de terceiro da Eso durante o curso escolar 2015-2016.

Agradecer un ano mais a colaboración do instituto e dos alumnos.

e mostravos os carteis participantes

 

 

Os Bolouros 2017

Cartel Bolouros 2017
Cartel Bolouros 2017

Fixemos a festa cos Bolouros de protagonista o día 17 de febreiro de 2017.

Nunha carpa instalada na praza da “Aira dos Patos” en Tioira comezou a chegar a xente a partir das 20 h, onde predominaba as ganas de diversión e pouco a pouco as caras comenzaban a tinguirse polo efecto dos Bolouros. Ca animación musical disfrutamos dunha merenda cea.

Unha serie de imaxes da gran Foliada no día dos Bolouros.

Feira Xantar, día dedicado a Maceda

O domingo día 5 de febreiro de 2017, como acto importante da 16ª edición de “Xantar” Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebrou nas instalacións de Expourense dedicaran o día os Patrocinadores e Colaboradores de “Xantar” con dedicación especial o Camino de Santiago, Concello de Maceda, Concello de Arnoia, Concello de Sober, Concello de Vila de Cruces, Concello de O Barco de Valdeorras e á Federación Galega de Concellos e Provincias.

Así como día especial de Maceda estiveron presentes os Felos feleando polos pasillos da feira invitando os asistentes a feira a visitar Maceda. Tamén destacar a presencia no stand de Maceda dun traxe de Felo cunha antiguedade superior os cen anos.

Tamén tivo lugar unha edición especial do menú que se degustou durante os días do salón elaborado por Carlos Parra, cociñeiro e xerente do Hotel Monumento Castelo de Maceda consistente en:

– Táboa de xamón de porco criado con castañas.
– Coxas de paspallás en escabeche.
– Filloas de lacón con grelos.
– Boletus estofados.
– Medallóns de solombo de Porco Celta á prancha con compota de mazá e froitos vermellos ou Cabrito asado ao estilo da serra con ensalada.
– Torrijas de bica con xeado de castaña e sirope de licor café.

Pan e viño D.O. Ribeira Sacra.