Todolos artigos de: Felos de Maceda

Reunión Anual Asociación

Felos da Corga da Serra
Felos da Corga da Serra

O próximo día 16 de febreiro de 2019, ás 19:00 horas no edificio multiusos de Maceda terá lugar a reunión anual da Asociación Felos da Corga da Serra co seguinte orde do día:

  • Resumo do feito no ano 2018
  • Descripción do que se vaya a realizar no vindeiro Entroido
  • Renovación de cuotas para o ano 2019
  • Dudas e suxerencias

Programa do Entroido Maceda 2019

O Entroido xa está entre nós, e en Maceda presumimos de elo. Festa Declarada de Interese Turístico de Galicia contamos co seguinte programa e información das diversas actividades:

Sábado 12 de xaneiro, festa de inicio do Entroido. +información

23 de febreiro, sábado de Desmadre, ás 20h. daremos o comezo na Praza das Toldas. +información

1 de marzo, venres ás 20h. na Praza das Toldas Festa de Comadres. +información

2 e 3 de marzo, sábado e domingo de Entroido saíndo ás 9:30 h. Antigo Matadoiro e percorrendo os Felos os pobos da Serra. +información sábado
+información domingo

2 de marzo, sábado, ás 20h. a baixada da Marela dende o Toural polas rúas da vila ca animación da Charanga BCB e Charanga Ardores +información

4 de marzo, luns de Entroido teremos festa infantil a partires das 17 h no Pavillón de Deportes con inchables, actuación do Mago Delmi e Desfile infantil +información

5 de marzo, martes de Entroido: Desfile deFelos, Carrozas e Comparsas, dende ás 17:30 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €). +información

6 de marzo, mércores de cinsa e como despedida, o Enterro do Entroido ás 20 h. na praza das Toldas. +informació

Xuntanza en Campobecerros 2019

O sábado día 2 de febreiro de 2019 celebrouse unha xuntanza na aldea de Campobecerros no concello de Castrelo do Val en Ourense. Por segundo ano consecutivo estiveron presentes os Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros, os Boteiros de Viana do Bolo, os Felos de Maceda e coma novidade estivo o Entroido Ribeirao de Lugo.

Apesar de xuntarse antes do entroido, que comenzou o 10 de febreiro, e apesar da neve a xuntanza tivo lugar a noitiña e ali puderonse ver escenas ben curiosas: Peliqueiros e Felos xuntos percorando as ruas do pobo acompañado do Fulión de Viana. O Volante, Peliqueiros, Mecos, Maragatos e Pucho andiveron tamén no fulión. Aquí queda recollido os permisos que pediron para entrar o pobo:

Boas tardes Campobecerros
Aquí volvemos estar
non viñen só a recitar
sinon que co voso permiso
tamén queremos tocar.

Soan as miñas esquilas
como boteiro que son
e ao meu ritmo
acompáñame o fulión.

Non só nos vistimos nós,
tamen están os felos de Maceda
disfrutando destas festas
que son o único que nos queda.

Tamen veñen a vernos
os nosos amigos de Chantada
que en Viana tamén estuveron
na quinta Mascarada

Veñen cos seus volantes
que son moi elegantes
tamen cos maragatos que nos van facer
pasar uns bos ratos

Xente de Campobecerros
pidovós este permiso
para deixarnos tocar
e a todos sacarvós un sorriso.

Eu como boteiro
faime moita ilusion
bailar con vos peliqueiros
mentras tocan o fulion

Tamen me gusta moito
ver eses parrafons
que acompañados da vaca
siguen as tradicións.

As distancias separanos,
o entroido únenos,
xuntos a loitar
polo que tanto nos fai disfrutar.

Sin mais que decir
deixovós pasar
se o voso permiso
nos vades a dar.

Grazas de corazón
se hoxe nos acolledes
porque non sei si voltaremos
coas montañas cheas de neve.

Os veciños que eiqui estamos
un ano fai que levamos
agardando o fulión
mos retumbe no corazon

Que o seu ritmo nos invada
sen medo a neve ou xeada
que moito salte o Boteiro
e tamén o Peliqueiro

O parrafón luze arrogante
que vai diante do volante
que o pucho as hortas fertilice
(E os felos….ós felos non hai quen os organice)

Benvido sodes de novo
de parte de todo este pobo
que empece xa o fulión
Viva o entroido e viva todos nós

Agradecemos as fotos a Mercedes L. Rubin  e a Amanda Gonzalez Blanco

V Mascarada Ibérica. Villariño

O 27 de xaneiro as 12 da maña, mais de 800 participantes e 42 grupos pertencentes os entroidos da peninsula ibérica formaron parte da quinta edición da Mascarada Ibérica.

Unha xuntanza de:

Algunhas das mascaradas participantes neste evento foron as siguientes: 
-Xenerais da Ulla (A Coruña) 
-Cigarróns de Verín (Ourense) 
-Pantallas de Xinzo (Ourense) 
-Los Sidros de Valdesoto (Asturias) 
-La Talanquera y Visparra de S. Martín de Castañeda (Sanabria-Zamora) 
-Careto de Valverde (Portugal) 
-Antruido Paré de Piasca (Cantabria) 
-Entroido Ribeirao (Santiago de Arriba-Chantada) 
-Entroido de Cobres (Vilaboa-Lugo) 
-Felos de Maceda (Ourense) 
-Toro e Xigante de Celavente (Ourense) 
-Galos de San Pedro da Mezquita (Ourense) 
-Bonitas de Sande (Ourense) 
-Boteiros: Fulión de Buxan (O Bolo-Ourense) 
-Antruejo de Carrizo de la Ribera (León) 
-Velhos de Bruçó (Portugal) 
-Diablos y Mascaritas de Luzón (Guadalajara) 
-Jarramplas de Pional (Caceres) 

V Mascarada Ibérica Viana

Cheira a entroido e podemos ir abrindo boca en Viana do Bolo.Esta é a quinta edición. Os felos formaron parte dos mais de corenta grupos que se xuntan e mais de 800 participantes. Sairon as 16.30 dende o toural para rematar na praza. Unha mostra da gran diviesidad do entroido na Peninsula.

Algunhas das mascaradas participantes neste evento serán as siguintes:
-Xenerais da Ulla (A Coruña)
-Cigarróns de Verín (Ourense)
– Pantallas de Xinzo (Ourense)
-Diablos y Mascaritas de Luzón (Guadalajara)
-Los Sidros de Valdesoto (Asturias)
-La Talanquera e Visparra de S. Martín de Castañeda (Sanabria-Zamora)
-Careto de Valverde (Portugal)
-Antruido Paré de Piasca (Cantabria)
-Entroido Ribeirao (Santiago de Arriba-Chantada)
-Entroido de Cobres (Vilaboa-Lugo)
-Felos de Maceda (Ourense)
-Toro e Xigante de Celavente (Ourense)
-Galos de San Pedro da Mezquita (Ourense)
-Bonitas de Sande (Ourense)
-Boteiros: Fulión de Buxan (O Bolo-Ourense)
-Antruejo de Carrizo de la Ribera (León)
-Velhos de Bruçó (Portugal)
-Diablos y Mascaritas de Luzón (Guadalajara)
-Jarramplas de Pional (Caceres)

Unha explosión de coor e ruido. Unha gran experiencia para os participantes onde relacionarse e compartir as distintas problemáticas de cada entroido.

Comezo Entroido 2019

Tradicionalmente os Felos, este ano non ia ser distinto, fixeronse presentes por primeira vez no ano unha vez soarón as campas de Fin de Ano, soamente o son das chocas e non saen vestidos de Felo ata que comeza “o calendario de Entroido” o domingo fareleiro.

Así o sábado 12 de xaneiro de 2016teremos unha celebración con motivo do inicio do Entroido de Maceda e ca presenza da Figura do Felo promovida polo Concello de Maceda e a Asociación Felos da Corga da Serra. Retomando esta actividade da que celebramos nestas mesmas datas o ano 2015 con motivo do reconocemento do Entroido de Maceda e especialmente da Figura do Felo como Festa de Interese Turístico de Galicia pola Xunta de Galicia.

Os Felos portando as chocas e a carauta soamente seguidos pola xente disfrazada percorrerans as rúas de Maceda para proseguir a festa ceando todos xuntos no Hotel onumento Castelo de Maceda e celebrando ata altas horas.

Amenizados musicalmente pola “Charanga A Felga”. Venta dos tickets no concello 6€.

Xa comezou o Entroido.

Felotextos

Felo Textos
Felo Textos

Versos de poetas estranxeiros para darlle pulo á máscara local de Maceda
A máscara típica de Maceda esperta interese fora da vila, fora de Galicia. Emilio Arauxo, filántropo, dono do selo editorial Amastra-N-Gallar, leva publicados máis de corenta felotextos con poetas de medio mundo.

Entre os últimos publicados “O cosmopolitismo e a afirmación encriptada do universo felo”. A poetisa sueca Helena Eriksson esculcou na criptografía do enigma: “I love Peliqueiro but I am Felo” ou “Felos de Maceda, enigma ancestral e cosmopolitismo”, do historiador e escritor macedán Santiago Prol.

Listado de obras e autores:

1 A Espera de Claude Royet-Journoud
2 A máscara é a revelación do Si Mesmo en tanto que Outro de Donatella Bisutti
3 A máscara non instaura unha distancia, senón outra proximidade
de Claude Royet-Journoud
4 A nena fela de Lupe Gómez
5 A pesar da chuvia de Olivier Cousin
6 A verdade dos felos
de Martin Melkonian
7 As Figuras
de Jorn H. Svaeren
8 Atrás, pasaxe de Arturo Casas
9 Comento sen título de Carlos Lema
10 Da felonia – Apontamentos sobre a risa e o entroido de Maceda
de Paula Godinho
11 Desfilar e desafiar de Olivier Cousin
12 Desvío de felos de Martin Melkonian
13 Detrás da néboa o Felo de Alexandre Nerium
14 Discurso de Luc Bénazet
15 Do cadro que o ollo inventa de Claude Royet-Journoud
16 Economía sumerxida
de Lupe Gómez
17 Entre ou A outra proximidade de Helena Eriksson
18 Escallados nunha testa que flota como unha carantoña de Alexis Lask
19 Felo de Georges L. Roux
20 Felo de Joseph Attié
21 Felo con moza cos ollos pechados de Helena Eriksson
22 Felo dos nomes propios de María do Cebreiro
23 Felo otsailako ihauteri goizean de Itxaro Borda
24 Felos de Michele Cohen-Halimi
25 Felos de Rea Nikonova
26 Felos aínda serra de Michael O´Dea
27 Felos ao galope de Cécile Guivarch
28 Felos de Maceda, enigma ancestral e cosmopolitismo de Santiago Prol
29 Felos, Documentos do Xeneral Instín presentados por Nicole Caligarís de Nicole Caligarís
30 Frases para un Felo de Claude Royet-Journoud
31 Imaxes fixas de Martin Högström
32 Impedir a fenda do mundo de Olivier Cousin
33 Lentitude de Daniel Salgado
34 Máscara de Yu Jian
35 Máscara Pánica de Béatrice Bonhomme
36 Na noite dos nomes (Felos) de Emilio Arauxo
37 Nas lastras do barrio mineiro de Ronald Klapka
38 O ceo axudado por min de Pierre Le Pillouër
39 O Felo de Alain Jégou
40 O Felo ou de Luis G. Soto
41 O Felo sen fin de Anxo Pastor
42 O Felo vai falar! de Beátrice Machet
43 O felo, é toda unha humanidade… de Martin Melkonian
44 O Felo-da-compaixón de Martin Melkonian
45 O invisible de ser …. de Jacky Bourillon
46 O lobo a Lúa de Helena Eriksson
47 O océano reversible de Marie de Quatrebardes
48 O que nada nos afonda de Bieito Iglesias
49 Onde non estamos de Christiane Veschambre
50 Orbis personae de Alain Cressan
51 Os cavalos estám a viver as nossas vidas de Séchu Sende
52 Os Felos do Monte Toro @ Prada de Conflent de José Manuel Bouzo Limia
53 Os mestres da desorde de Michèle Chadeisson
54 Primeira felo silaba de Miriam Sánchez Moreiras
55 Repartición das máscaras de Jean-François Bory
56 Scan de Felo de David Lespiau
57 Se os Felos atravesan polos nosos poemas? de James Sacré
58 Tarde dun lince de Helena Eriksson
59 Ti recoñeces de Helena Eriksson
60 Toda esa infancia que desaparece de Claude Royet-Journoud
61 Un felo movemento de Chistophe Mescolini
62 Un pequeno héroe de carnaval de Martin Melkonian
63 Unha forma da que non se ten o molde en si de Dominique Fourcade
64 Xestos primaverais de Cécile Guivarch
 

Os Felos nas VI Xornadas sobre o Entroido en Galiza

 

Os días 23 y 24 de febreiro tiveron lugar  as VI Xornadas sobre o entroido de Galicia, foron  na Casa da Luz de Pontevedra. Estas xornadas supoñen una iniciativa de divulgación e revalorización da nosa cultura e a sua fiesta máis importante, o entroido.

A Sociedad Antropológica Gallega presentou unha axenda dividida en duas xornadas. A primeira centrouse nos  investigadorese,  a segunda, da voz a as persoas que manteñen vivas as tradicions.

O 23, a las 18:30 horas houbo unhauna conferencia de Daniel González sobre o entroido  de Bandariz, presentando un audiovisual dos anos 70. Portugal estivo representado por José Carlos Pires, mostrando o entroido da Serra d’Arga. As 20:15 horas, Roberto de la Torre puxo fin o primer día con unha exposición fotográfica, “Mascaradas da invernía na Península Ibérica”.

O sábado 24 a las 18:30 horas, Juan Carlos González e Iván González falaron do entroido  en Santiago de Arriba (Chantada), Rita Blanco e  Maite Gonzalez  sobre os  Felos de Maceda as 19:15 horas. E a continuación, Maika Rodríguez Domínguez da figura do Toteiro e doutras figuras recuperadas.

Rafael Quintía  presidente da Sociedade Antropolóxica Galega e  Anxo Rosales foron os coordinadores destas xornadas.

Os felos visitan a escola

Os alumnos  de Infantil e Primaria tiveron a visita de Xurxo Fernández Carballo, felo do concello ourensán de Maceda, ex-alumno deste centro e membro da Sociedade de Felos da Serra de Corga que ano tras ano e Entroido tras Entroido percorren as aldeas de Maceda facendo soar as súas cinco chocas, botando aturuxos e levando a diversión a toda a veciñanza.

Xurxo Fernández, vestido co traxe tradicional de felo, fixo un percorrido pola historia da súa vestimenta e os costumes da súa bisbarra.

A exposición estivo apoiada pola proxección de documentais e un coloquio cos escolares para satisfacer a gran curiosidade que esperta este personaxe.

Estas actividades complementáronse coa edición, por parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, dunha unidade didáctica sobre os felos de Maceda que se pode visualizar e descargar na páxina web do centro

Os Felos en Astorga

II  encontro coas tradicións ancestrais en Astorga

A ciudad de Astorga  rematou o  entroido  cun encontro de entroidos tradicionais  que desfilaron pola cidade sobre as doce do mediodía . Partiparon as  agrupacions ‘Maragatas y Patahenos’ de La Alberca (Salamanca), ‘Fulión A Veiga’ (Ourense), ‘Fulión de Mormentelos’, de Vilariño de Conso, Asociación Cigarrón de Verín,  Asociación ‘Felos da Corgade da Serra de Maceda  e  “los Jurrus y Castrones” de Alija del Infantado, únicos representantes da provincia leonesa neste encontro carnavalesco tradicional, xa que a cidade acollerá outro en abril no que se espera que participen as manifestaciones leonesas.