Xuntanza en Campobecerro

O sábado día 20 de febreiro de 2018 celebrouse unha xuntanza na aldea de Campobecerros no concello de Castrelo do Val en Ourense, na que estiveron presentes os Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros, os Boteiros de Viana do Bolo e os Felos de Maceda.

A xuntanza tivo lugar a noitiña e ali puderonse ver escenas ben curiosas peliqueiros e felos xuntos percorando as ruas do pobo acompañados do soar das chocas dos Felos e das Tamborradas de Viana. Aquí queda recollido os permisos que pediron para entrar o pobo:

O Boteiro: 

Ola boas tardes alcalde de Campobecerros hoxe viñemos a tocar sempre e cando non nos boten a berros. Viñemos a donde vostede solo para pedirlle permiso para que nos deixe tocar o fulion porque temos un compromiso, vos viñestes a nosa aldea a tocar e nos ahora vimos a vosa con previo aviso.
Ola boas tardes alcalde, eu son o chamado boteiro viñen hoxe ao seu pueblo gratis porque non tiña diñeiro. Hoxe prometovos unha cousa, non vou a parar de bailar co meu traxe colorido eivos  asombrar. Mentras os demais membros están a todo tocar eu aparto a xente e non paro de saltar, pero coidado, non vos vaiades a asustar eu xa sei que son moi bruto pero con vos ben me vou a comportar. Tamen me chaman home de esquilas un nome moi estiloso definenme de moitas maneiras menos por ser penoso, a palabra que máis me identifica é ser asombroso.

Viana, o folion:

Boas tardes veciñas e veciños do lugar, Campobecerros nesta tarde de xaneiro esta listo este boteiro acompañado do fulión Que veñen tocar con ilusión,  o tambor “O Luisisin”  de director “O Chatin”

Que soe o folión na plaza e que se sinta ata en Laza Boteiros,Felos e Peliqueiros Primos irmans e compañeiros. Vamos beber da mesma taza sen convidar os de laza. Sen mais que contar vamos tocar e brincar ata o fondo do lugar. E xa pa rematar GRAZAS por nos convidar A tan fermoso lugar. Co permiso do que manda a ronda vamos comenzar. ¡Viva o Entrudio¡Viva

O pobo de Campobecerros agradece esta visita
E esperamos que noutra ocasion se repita

Os felos son de Maceda, de Verin os cigarróns, de Viana estes boteiros e o entruido de campos facémolo todos nós!

Sen axuda do concello, nin da administración, que  se outros teñen cartos, non teñen a nosa ilusión//!

Do fulión queremos disfrutar
Non vos fagades tanto de rogar
Podedes empezar a tocar
Que tedes permiso para pasar

Vivan os boteiros, viva o parranfón, vivan os felos

 

Os Felos na IV edición da Mascarada Ibérica

Cartel IVMascarada Ibérica
Cartel IVMascarada Ibérica

Rituais relativos o Entroido de diferentes puntos da península ibérica citaranse en xaneiro de 2018 o día 13 en Viana do Bolo e o 14 en Vilariño de Conso durante a cuarta edición da Mascarada Ibérica.

Organizado pola Comisión Entroido 2018 de Viana do Bolo, Asociación Xuntos por o Folión de Vilariño de Conso e S.A.G.A. (Sociedade Antropolóxica Galega) con la colaboración del Concello de Viana do Bolo, Deputación Provincial de Ourense, Concello de Vilariño de Conso y la Asociación de Mulleres Rurais de Viana do Bolo.

Horario:

O programa da Mascarada comezaráo 13 de xaneiro de 2018 ás 16:30h. nas rúas de Viana do Bolo e, o día seguinte, a partires das 12h. nas rúas de Vilariño de Conso.

Participantes:

cartel IV Mascarada Ibérica
cartel IV Mascarada Ibérica

Máis de 600 participantes de 39 agrupacións diferentes. Así de Ourense estarán o Fulión de Buxán (O Bolo); o Fulión das Carrelas, Cabo da Vila, os Rurais e o Alternativo, todos de Viana do Bolo;  a Asociación Xuntos polo Fulión, de Vilariño de Conso; o Fulión de Mormentelos, tamén de Vilariño; o Fulión a Mourela p’acá de Manzaneda; os Galos de San Pedro (A Merca), as Madamitas de Entrimo, as Bonitas de Sande, Troteiros de Bande, Felos de Maceda, Pantallas de Xinzo, Cigarróns de Verín, os Peliqueiros e o Parranfón de Campobecerros, Vellarróns de Riós e o Touro e Xigante de Celavente. Do resto de Galicia participarán: os Xenerais do Ulla, os Merdeiros de Vigo, o Entroido de Cobres (Vilaboa), o Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba (Chantada).

E do resto da Península, estarán de Zamora Atenazador de San Vicente de la Cabeza, Ka Talanquera y Visparra de San Martín de Castañeda, Sanabria. De León: Antruejo de Carrizo de la Ribera. Guadalajara; Diablos y Macaritas de Luzom. Asturias presente con los Sidros de Valdesoto. Cantabria con Vijanera de Silió, Zamarrones de los Carabeos y Antruido Pare de Piasca.

Portugal estará tamen presente co Farandulo de Tó, Velho Chocalheiro de Vale de Porco, Careto de Valverde. Chocalheiro de Bemposta, Velhos de Bruço, Caretos de Parada e Caretos de Lazarim.

No ano 2016 foi recoñecida pola Sociedade Española de Antropoloxía e Tradicións Populares co Premio Nacional de Tradiciones 2016.

Fotos Mascarada Viana do Bolo:

Fotos Mascarada Ibérica Vilariño de Conso

Mascarada Ibérica Vilariño

Fotos da Mascarada Iberica en Vilariño de Conso

Mascarada Ibérica en Viana do Bolo

Fotos Mascarada Viana do Bolo:

Comezo entroido 2018

Programación Nadal 2017 Maceda
Programación Nadal 2017 Maceda

Tradicionalmente os Felos fanse presentes por primeira vez no ano unha vez soen as campas de Fin de Ano, soamente o son das chocas e non saen vestidos de Felo ata que comeza “o calendario de Entroido” o domingo fareleiro.

Así o sábado 6 de xaneiro de 2016 organizouse unha celebración con motivo do inicio do Entroido de Maceda e ca presenza da Figura do Felo promovida polo Concello de Maceda e a Asociación Felos da Corga da Serra. Retomando esta actividade da que celebramos nestas mesmas datas o ano 2015 con motivo do reconocemento do Entroido de Maceda e especialmente da Figura do Felo como Festa de Interese Turístico de Galicia pola Xunta de Galicia.

Os Felos portando as chocas e a carauta soamente seguidos pola xente disfrazada percorreros as rúas de Maceda para proseguir a festa ceando todos xuntos no Hotel Monumento Castelo de Maceda e celebrando ata altas horas.

Xa comezou o Entroido.

Noticia na TVG

Galería de fotos no xornal La Región

Calendario Libreria Follas Novas

Calendario 2018 Libreria Follas Novas
Calendario 2018 Libreria Follas Novas

A Librería Follas Novas situada en Santiago de Compostela na rúa de Montero Ríos, 37 ven de publicar, como é xa costume, un almanaque de mesa co fin de agasallar os seus clientes. O ano pasado realizouse con imáxes de Faros galegos ao oleo. Nesta ocasión, o do ano 2018, vai adicado o Antroido e ilustrado cada mes ca colaboración do escultor ourensán Ramón Conde xunto coa sua filla Laura estando presentes os “Felos de Maceda”

Ramón Conde as súas pezas escultóricas, de corpos rotundos e poderosos, figuran xa en privilexiados espazos artísticos de moitos paises e tamén presente en diversas cidades galegas; en Vigo, Lugo, Santiago ou A Coruña expuxo gran parte da súa obra, altamente novidosa e orixinal.

Contacto:

Web da libreria

Enderezo electónico