Colaboración con Grupo Cuevas 2014

catsUna vez máis a asociación Felos da Corga da Serra colabora co Grupo Cuevas na organización da “Exposicion do entroido en supermecados Aquie”.
Esta é a 2º vez que a Asociación presta un traxe o Grupo Cuevas para que no entroido fagan unha exposición no supermercado.Esta vez en Santiago de Compostela.
O Grupo Cuevas esta recoñecido como un dos mais inovadores do sector    — en Santiago de Compostela.

“A Festa do Entroido”

A Festa do Entroido
A Festa do Entroido

Se se puidese falar dun sistema festivo galego, o Entroido ocuparía un lugar central nel. A revitalización das festas populares que se percibe en moitas culturas occidentais contradí os prognósticos sobre a súa desaparición. En Galicia, como noutros lugares e noutras culturas, o Entroido non só non desapareceu, senón que se revitalizou nas últimas décadas. Neste novo libro Federico Cocho revisa e actualiza os estudos que comezou a publicar hai un cuarto de século sobre a gran festa de festas que é o Carnaval. Amplía a documentación, incorpora as moitas novidades xurdidas nas últimas décadas ao longo de Galicia e analiza o porqué desa revitalización do Entroido, unha festa interclasista con fondas raíces na cultura popular europea. O libro reúne información recollida nun amplo traballo de campo ao longo dos anos e achega reflexións e análises para explicar o Entroido galego do século XXI. En particular, a través das súas manifestacións máis singulares, aquelas que lle outorgan un perfil propio ás mascaradas galegas, sexa en contextos rurais, sexa en contextos urbanos.

O primeiro capítulo, As raíces, encadra o Entroido no ciclo festivo e percorre os seus antecedentes históricos romanos e medievais, sen eludir un achegamento ao debate sobre ás súas imprecisas orixes.

Polo segundo capítulo, As máscaras, desfilan pantallas, peliqueiros, felos, volantes, boteiros, madamas e toda clase de choqueiros, elementos característicos das mascaradas rurais e símbolos actuais de identidade festiva local.

O capítulo terceiro, As comitivas, salienta o papel do Entroido como elemento de cohesión local (veciñal, parroquial) e, ao tempo, como vehículo para o intercambio e a relación social con outras comunidades, como evidencian as comitivas de xenerais e correos do val do Ulla ou os folións da zona oriental da provincia de Ourense, por citar dous exemplos.

O Carnaval é tamén tempo de xogos e doutros divertimentos, bromas e actividades lúdicas, específicas ou non desta época do ano. A elas dedícaselles o capítulo cuarto, Os xogos.

O último capítulo, Símbolos e sátiras, céntrase nas representacións ou personificacións do Entroido como tempo acoutado para o reinado da burla e da broma, así como nas formas de canalizar a sátira e a crítica sociais. Un tempo especial de inversión de valores. O mundo do revés. Unha festa antiga que entra fortalecida e renovada no novo milenio.

Publicado por Ediciones Trea, S.L o 12 de febreiro de 2014 dentro da colección Porta de Papel en galego, de 96 páxinas, ISBN: 978-8415078340

Feira Gastronómica Xantar 2014

Do 5 o 9 de febrero  celebrouse en Expourense a décimo quinta edición do Salón Internacional da Gastronomía e  Turismo.  Falamos de Xantar 2014.

O recinto ferial de Ourense foi o esceario do 15º Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, Xantar 2014.  Do 5 o 9 de febrero. Este ano  estreouse  como cita internacional. Esto non é novidade  xa que conta con outro país como invitado.  O ano pasado foi Perú. Este ano foi Cuba quen formou parte das actividades do programa.

O salón galego de gastronomía e turismo contou  con 12.000 metros cadrados cubertos, onde se  instalou unha zoa de exposición.  Ademáis da habitual recreación dos restaurantes, foron arededor de 20.

Houbo espazos para realizar conferencias, presentacions, talleres, exposicions, demostracions, cursos de cata, degustacions, etc.

 O felo paseouse polas instalacions para darse a coñecer e promover o stand de Maceda

Desfile dos Entroidos de Galicia en Santiago 2014

O domingo, día 9 de febreiro, os entroidos de Galicia desfilarán na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela e percorrerán as principais rúas e prazas do Casco histórico da cidade.

11 h.- Percorrido dos Entroidos polas rúas e prazas de Santiago, con saída da Dársena de Xoán XXIII pasando por San Francisco, Obradoiro, Fonseca, Vilar, Toural, Nova
Praterías, Fonseca, chegando á Praza do Obradoiro as 12.15 h
12.30-15:00 h.- Actuacións dos grupos.
15.00h.- Fin do acto
17.00 h-. Os entroidos acudirán á Praza da Quintana e desfilarán polas rúas do Casco histórico.

Os Entroidos participantes son “Os Xenerais do Ulla” (Vedra, Touro, Vila de Cruces, Teo, Silleda, A Estrada, Boqueixón e Santiago de Compostela), Cobres (Vilaboa), Portas de Galicia (Verín, Laza, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Cualedro e Riós), Xinzo de Limia, Maceda, Manzaneda, Vilanova de Lourenzá, A Pobra do Brollón e Chantada.

Desfile dos Entroidos de Galicia en Santiago

O domingo, día 9 de febreiro de 2014, os entroidos de Galicia desfilarán na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela e percorrerán as principais rúas e prazas do Casco histórico da cidade.

11.00. h.- Saída da Dársena de Xoán XXIII
Percorrido polas rúas e prazas:
San Francisco
Obradoiro
Fonseca
Vilar
Toural
Nova
Praterías
Fonseca
12.15 h.- Chegada do desfile á Praza do Obradoiro

12.30-15:00 h.- Actuacións dos grupos.
15.00h.- Fin do acto
17.00 h-. Os entroidos acudirán á Praza da Quintana e desfilarán polas rúas do Casco histórico.
Entroidos participantes:
.-XENERAIS DO ULLA ( VEDRA, TOURO, VILA DE CRUCES, TEO, SILLEDA, A ESTRADA, BOQUEIXÓN E SANTIAGO)
.- COBRES (VILABOA)
.-PORTAS DE GALICIA (VERÍN, LAZA, VIANA DO BOLO, VILARIÑO DE CONSO, CUALEDRO E RIÓS)

.-XINZO DE LIMIA
.-MACEDA
.-MANZANEDA
.-VILANOVA DE LOURENZÁ
.-A POBRA DO BROLLÓN
.-CHANTADA

Entroido Maceda 2014

PROGRAMA:

Venres 21 febreiro, compadres Maceda 2014, ás 20:30 h “Pregón” e “Foguetazo” na Praza das Toldas e ás 21:30 h. Sorteo de agasallos e 1ª edición do porco untado na Aira das Mantas tendo a continuación a ruta de Pinchos cun prezo de 5 euros, 8 pinchos sen bebida, de agasallo un pano e con dereito ó sorteo.

27 de febreiro, xoves de Comadres con saída do concello ás 20 h, cea no restaurante a Dilixencia con animación musical. Prezo 12 euros. Incribirse na oficina de cultura do Concello (telf 988 463001)

1 e 2 de marzo, sábado e domingo de Entroido saindo ás 9:30 h. da praza das Toldas e percorrendo os Felos os pobos da Serra.

Pola mañá recorrerán Castro de Escuadro, Pías, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, Tioira e regreso a Maceda. 20:30 h recibimento dos felos, desfile por Maceda e animación musical na Praza das Toldas dende as 20.30 h.

Domingo saída dende Restaurante A Dilixencia ás 10 h. dos Felos polos pobos da Serra.

3 de marzo, luns de Entroido teremos festa infantil a partires das 17 h no pavillón municipal de deportes.

4 de marzo, martes de Entroido dende ás 17:30 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Animación musical e ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, grupos (1º 100 €, 2º 50 €, 3º 30 €) Grupos de máis de 5 participantes (1º 160 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €, 4º 100 €)

5 de marzo, mércores de cinsa e como despedida, o Enterro do Entroido ás 20 h. na praza das Toldas.

Diploma entregado a Genma Ruiz por a sua aportacion no 1º concurso de Carteis de Entroido 2014. Cun pequeno agasallo da Asociación

Exposición en Vigo no Museo Liste

“Xungir non é esmorecer, senón medrar”

Exposición fotográfica da fotógrafa Rita Blanco Fernández que baixo o nome “Xungir non é esmorecer, senón medrar” presenta unha colección de imaxes baseadas nas figuras dos entroidos de Maceda, Xinzo de Limia e Sarreaus como protagonistas, Felos, Pantallas e Vergalleiros inteactuando entre si e apostando pola unidade dentro da diversidade do Entroido ourensán. Esta exposición estará visitable no Museo Liste dende o día 17 ata o día 29 de xaneiro.

Esta exposición esta apoiada pola Asociación Felos da Corga da Serra de Maceda. A sua autora, Rita Blanco Fernández combina nesta recopilación de mais de trinta imaxes dúas das súas paixóns por un lado a súa afición a fotografía como reportaxe a fin de captar escoas non estáticas, buscando a descrición do movemento como sinatura característica e a súa outra paixón os entroidos destacando o colorismo e a beleza de formas tanto nas máscaras como nos traxes de estas figuras do Entroido.

 

Anuncio Estrella Galicia

Como ven sendo habitual, a marca de cervexas galega con sede na Coruña, Estrella Galicia, fai unha campaña publicitaria de promoción dos seus productos na que para a imaxen toma tres persoaxes típicos do Entroido: unha pantalla de Xinzo, un Peliqueiro de Laza e un Felo de Maceda, ponlle corpos de músicos baixo o lema “Entroido de Ourense & Estrella Galicia, O Noso, é o Noso”

Campaña promocional de repercusión en prensa escrita sendo presentes durante todo o tempo de Entroido.

“Carnaval en Galicia”

Carnaval en Galicia
Carnaval en Galicia

Guía publicada pola Xunta de Galicia no ano 2014 onde se describen os Entroidos máis destacables de Galicia.

Prestan especial atención nun primeiro lugar os Entroidos considerados festas de interés turístico de Galicia que no momento de editar a guía eran o Carnaval de Xinzo de Limia, o  de Verín, o de Viana do Bolo, o de Cobres en Vilaboa, O de Laza, o de Manzaneda, e dos Xenerais do Ulla.

A continuación fan un repaso polas figuras e os entroidos galegos pasando polo desfile do Domingo de Piñata en Lourenzá, Lugo, os Felos de Maceda, Ourense, o Ravachol de Pontevedra, a Voda da Pita en Eiroás, Ourense, as Bonitas de Cartelle, Ourense, o Oso de Salcedo en A Pobra do Brollón, Lugo, os Boteiros de Vilariño de Conxo, Ourense, os Choqueiros da Coruña, os Vellaróns de Riós, Ourense, Os Vergalleiros de Sarreaus, Ourense e por ultimo os Volantes de Chantada, Lugo.

“Mascaradas de la península ibérica”

mascaradas-de-la-península-ibérica
mascaradas-de-la-península-ibérica

En 2014 Oscar J. González publica o libro “Mascaradas da península Ibérica” recompila a descrición detallada de 321 destas festas populares que se realizan arredor do solsticio de inverno e que dentro da singularidade de cada unha delas teñen diversos elementos comúns.

Un total de 321 fichas achega este libro en 724 páxinas, describindo as festas de mascaradas por 30 provincias españolas e cinco portuguesas. Algunhas desas fichas, ocupan máis de catro páxinas. E en todas elas, como estrutura xeral, o nome do pobo e a súa provincia, o título que se lle dá á festa e ao personaxe central, a data en que se celebra, a súa existencia permanente ou por tempadas, os personaxes que a acompañan e os instrumentos musicais que a amenizan. Aparecen ademais fotografías actuais, e en moitos casos testemuños antigos. Engádense ao final os informantes e os agradecementos a quen colaborou informando, así como bibliografía e notas.

Tamaño, 21 x 30 cms. Peso máis de 3 kg Encadenación en cartoné. Tapa dura, ISBN 9788461675340

Máis información:

mascaradaeuropea@hotmail.com